Somos Vicente e Xaime, a parella de irmás que (xunto con un marabilloso equipo profesional que nos acompaña) sacamos adiante día a día a Panadería d’O Cantón.
Tomamos o relevo do negocio familiar este mesmo ano despois da perda na nosa nai Ana, a creadora e verdadeira alma deste proxecto. 😕 Non podemos ocultar que non foi un ano sinxelo e que nos gustaría que o motivo para coller o relevo tivese sido outro, pero continuar o negocio é a mellor maneira que atopamos para honrar o seu recordo.
🥖 O pan é a nosa vida e non o entendemos se non é como un producto artesán e de calidade que sexa un pracer diario para os sentidos.
🤝 Pero, todo o que facemos non tería sentido sen vós, os nosos clientes, compañeiros e amigos. Por ese motivo, quixemos dar o paso e abrir as redes sociais de Panadería do Cantón, para que todos poidades ser partícipes, coidarvos e atender ás vosas necesidades.
¿Unídesvos a esta aventura?